Roberto Castro Rocamonde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Touro, España |
Alcalde de Touro | |
2023 – ← Ignacio Codesido Barreiro | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro forestal, político |
Roberto Castro Rocamonde, nado en Touro, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Santiago de Compostela (1996). Nas eleccións municipais de 2015 foi elixido concelleiro do BNG en Vedra. Porén, comezou a mostrar progresivamente máis proximidade con En Marea e nas municipais de 2019 encabezou no concello veciño de Touro a candidatura da Marea Veciñal de Touro (MVT), ó calor da polémica dunha mina nese municipio, e obtivo 3 concelleiros. Nas municipais de 2023 volveu a presentarse, nesta ocasión coa denominación de Movemento Veciñal de Touro, obtendo 4 concelleiros e sendo elixido alcalde co apoio do Partido Galego e do BNG.[1][2]
Predecesor: Ignacio Codesido Barreiro |
Alcalde de Touro 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |