Saltar ao contido

Roman Jakobson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoman Jakobson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1896 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1982 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Linguistic Society of America (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoAsquenací Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of History and Philology of Moscow University (en) Traducir
Facultade de Filosofía da Universidade Alemá de Praga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, Estruturalismo, Poética, morfoloxía, literatura rusa, filoloxía e ciencia da literatura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Brno
Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, escritor, crítico, mestre, historiador, especialista en literatura, pedagogo, filólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Masaryk University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosClarence Brown (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCzechoslovak army in exile (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoMorris Halle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeSoňa Haasová Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Якобсон Роман Осипович)
UbuWeb (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1032821 Dialnet: 1893295 Find a Grave: 124295519 Editar o valor en Wikidata

Roman Jakobson (en ruso Ромáн Óсипович Якобсóн), nado en Moscova o 11 de outubro de 1896 e finado en Boston (Massachusetts) o 18 de xullo de 1982, foi un lingüista, fonólogo e teórico literario ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar linguas orientais na Universidade de Moscova, na época do auxe do simbolismo ruso (Alexander Blok, Andréi Bely) e dos poetas futuristas como Velimir Jlébnikov ou Vladimir Maiakovski. En 1914 impulsou a creación do Círculo lingüístico de Moscova, e nesa época estudaba a poética, dentro do formalismo ruso. Alí iniciou a súa relación co fonólogo Nikolái Trubetskói.

En 1920 marchou a Praga, onde formou parte do Círculo lingüístico de Praga, e deu clase na universidade de Brno. EN 1930 defendeu a súa tese doutoral na capital bohemia, mais viuse obrigado a deixar a cidade en 1939, trala invasión nazi de Checoslovaquia, por mor da súa orixe xudía. Deu clase en Copenhague, Oslo e Uppsala, mais trala invasión nazi de Noruega e a ameaza de invasión de Suecia viuse obrigado a emigrar de novo, desta volta cara aos Estados Unidos en 1941.

Canda a André Martinet, Claude Lévi-Strauss e Morris Swadesh foi un dos fundadores do Círculo lingüístico de Nova York, máis tarde convertido na Asociación Internacional de Lingüística.[1] Deu clases en Columbia, Harvard e o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Influíu nas formulacións estruturais da antropoloxía de Lévi-Strauss, sendo máis tarde reivindicado e difundido en Francia.

A súa obra é dispersa e non está sistematizada en grandes volumes. Consta de 475 títulos, dos que 374 son libros ou artigos e 101 son textos diversos (poemas, prefacios, introducións ou artigos xornalísticos). Amais, boa parte foi realizada en colaboración con outros autores. Até 1939 ocupouse principalmente de poética e teoría da literatura, e na súa etapa estadounidenses centrouse na lingüística.

Jakobson era un investigador teórico máis ca empírico, e de carácter multidisciplinar, abranguendo campos como a antropología, a patoloxía da linguaxe, a estilística, o folclore ou a teoría da información.

Redactou a primeira definición moderna do fonema ("Impresión mental dun son, unidade mínima distintiva ou vehículo semántico mínimo"), e reduciu todas as oposicións fonolóxicas posibles a unha ducia, o que foi criticado polo seu carácter reducionista e de tendencia binaria que non sempre se axusta a unha realidade lingüística máis variada. Amais, foi un pioneiro da fonoloxía diacrónica.

As súas investigacións sobre a linguaxe infantil foron tamén moi innovadoras, ao destacar o papel universal que na mesma teñen as oclusivas e as nasais. Tamén fixo estudos pioneiros sobre as afasias, describindo dous tipos de anomalías: as relacionadas coa selección de unidades lingüísticas ou anomalías paradigmáticas, e as relacionadas coa combinación das mesmas, ou anomalías sintagmáticas. Este modelo inspirouse parcialmente nas consideracións de Ferdinand de Saussure, pai do estruturalismo. Á súa vez Jakobson influíu en estruturalistas como Claude Lévi-Strauss e posestruturalistas como Jacques Lacan -Lacan entende, a partir dos estudos de Jakobson sobre as afasias, que o paradigmático ou selectivo é coalescente co que Sigmund Freud chama "condensación" e o metafórico, e que o sintagmático é metonímico ou o que Freud chama "desprazamento". Este estudo provocou un interese apaixonado no campo da neuroloxía e a psiquiatría e a renovación dos estudos médicos neste campo.

A estilística e a poética foron as preocupacións máis antigas e profundas de Jakobson. As súas teorías desenvolvéronse dentro do formalismo ruso, que constituía unha reacción contra unha tradición de teoría literaria rusa excesivamente dominada polos aspectos sociais, e polo tanto dá moita importancia ás formas, desde as máis simples (recorrencias fónicas) ás máis complexas (xéneros literarios).

Da súa teoría da información, constituída en 1948 e articulada en torno aos factores da comunicación (emisor, receptor, referente, canle, mensaxe e código), Jakobson deduciu a existencia de seis funcións da linguaxe: expresiva, apelativa, representativa, fáctica, poética e metalingüística, completando así o modelo de Karl Bühler.

Esta síntese, tan operativa, foi moi utilizada desde entón. Porén, foi criticada argumentando que engade unha función estética mais non explica debidamente a función lúdica, que non podería incluírse sen problemas dentro da función poética.

  • Fundamentals of Language (1956, con Morris Halle)
  • "Linguistics and Poetics: Closing Statement" (in Style in Language, Thomas Sebeok, ed., 1960)
  • Essais de linguistique générale (1963; colección de once artigos elaborados nos Estados Unidos e posteriores a 1950)
  • Essais de linguistique générale, II (1973; continuación do anterior)
  • Questions de poétique (1973)