Saltar ao contido

RuPaul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRuPaul

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) RuPaul Andre Charles Editar o valor en Wikidata
17 de novembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorth Atlanta High School (en) Traducir
Gompers Preparatory Academy (en) Traducir
Patrick Henry High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,93 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndrag queen, actor, locutor de radio, realizador, produtor, modelo, actor de cinema, modelo, presentador, cantautor, actor de televisión, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoPop dance, Rhythm and blues, Música disco, Eurodance (pt) Traducir, música electrónica, música para bailar, música pop e electrónica Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRhino Entertainment Company
Tommy Boy Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeorges LeBar (2017–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webrupaul.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0750412 Allocine: 35354 Rottentomatoes: celebrity/rupaul Allmovie: p200711 TV.com: people/rupaul IBDB: 390929
Facebook: RuPaul Twitter: RuPaul Instagram: rupaulofficial MySpace: 83757250 TikTok: rupaulofficial BNE: XX999138 Souncloud: rupaulofficial Spotify: 2SdOKxC1sSxEyv8JYERaNe iTunes: 20834406 Last fm: RuPaul Musicbrainz: 15257a48-d9f6-4fd1-b30e-323576b15aca Songkick: 450639 Discogs: 24188 Allmusic: mn0000852656 WikiTree: Charles-2002 Deezer: 66472 Genius: Rupaul Editar o valor en Wikidata

RuPaul Andre Charles, nado o 17 de novembro de 1960 en San Diego, California, é un drag queen, actor, modelo, cantante, compositor, presentador de televisión e autor estadounidense. Dende o ano 2009, produce e presenta o programa de televisión RuPaul's Drag Race, polo que recibiu oito Premios Primetime Emmy. Considérase como o drag queen máis exitoso a nivel comercial nos Estados Unidos de América. En 2017, apareceu na lista das 100 persoas máis influentes da revista Time 100.[1] En 2019, na revista Fortune afirmábase que era "probabelmente o drag queen máis famoso do mundo".[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

RuPaul estudou artes escénicas en Atlanta, Xeorxia. Acabou radicando en Nova York, onde se converteu nunha figura popular nos clubs LGTB da cidade. Acadou fama internacional como drag queen co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "Supermodel (You Better Work)", incluído no seu primeiro álbum de estudio Supermodel of the World (1993). En 1994, fíxose representante de MAC Cosmetics, recadando cartos para a Fundación Mac AIDS e sendo o primeiro drag queen en levar unha gran campaña de cosméticos. Nese mesmo ano, conseguiu o seu primeiro programa en VH1 chamado The RuPaul Show. Presentouno durante máis de 100 episodios mentres compartía programa de radio en WKTU con Michelle Visage. Continou a súa carreira como artista e publicou 14 álbums de estudio, entre os que se inclúen Foxy Lady (1996), Ho Ho Ho (1997), Champion (2009), Glamazon (2011) e Born Naked (2014).

RuPaul tamén apareceu en filmes como Crooklyn (1994), The Brady Bunch Movie (1995), To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar (1995), But I'm a Cheerleader (1999), Hurricane Bianca (2016), a serie de Comedy Central Broad City (2017) e Girlboss (2017), Grace and Frankie (2019) e AJ and the Queen (2020). Tamén publicou tres libros: Lettin' It All Hang Out (1995), Workin' It! RuPaul's Guide to Life, Liberty, and the Pursuit of Style (2010), e GuRu (2018).

O seu programa RuPaul's Drag Race leva 13 tempadas nos Estados Unidos de América e 2 no Reino Unido (até o ano 2021). O programa tivo éxito mundial e inspirou 6 formatos internacionais, así como varios spin-offs como, RuPaul's Drag U, RuPaul's Drag Race All Stars e RuPaul's Secret Celebrity Drag Race. Tamén apareceu como convidado en series como Skin Wars, Good Work e Gay for Play Game Show Starring RuPaul. En xuño de 2019 estreou o seu programa de entrevistas RuPaul, pero foi cancelado despois de 3 semanas de proba.[3]

  1. "RuPaul by Naomi Campbell". time.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2021. Consultado o 19 de xullo de 2021. 
  2. Klein, Jessica (24 de setembro de 2019). "As 'RuPaul's Drag Race' Expands to the U.K., DragCon Shines Light on Its Mainstream Success". Fortune. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  3. Porter, Rick (2 de xaneiro de 2020). "RuPaul Daytime Talk Show Not Moving Ahead at Fox Stations". The Hollywood Reporter. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.