SMS Seydlitz
SMS Seydlitz | |
---|---|
O SMS Seydlitz | |
Historial | |
Posta en grella | 4 de febreiro de 1911 |
Botado | 30 de marzo de 1912 |
Asignado | 22 de maio de 1913 |
Destino | afundido en Scapa Flow o 21 de xuño de 1919 |
Características xerais | |
Eslora | 200,6 m |
Manga | 28,5 m |
Calado | 9,29 m |
O SMS Seydlitz foi un cruceiro de batalla da Mariña Imperial alemá construído en Hamburgo. Foi autorizado en 1910 e asignado en maio de 1913, sendo o cuarto cruceiro de batalla construído para a Hochseeflotte. O seu nome débese a Friedrich Wilhelm von Seydlitz, un xeneral prusiano do reinado de Frederico II de Prusia e da Guerra dos Sete Anos.
Seydlitz representou a culminación da primeira xeración de cruceiros de batalla alemáns, que se iniciaron co Von der Tann en 1906, e continuaron con dous barcos da clase Moltke en 1907 e 1908. O Seydlitz contaba con varias melloras con respecto aos modelos anteriores, incluído un redeseñado sistema de propulsión e unha disposición mellorada da blindaxe. O barco tamén era significativamente máis grande que os seus predecesores.