Sabre láser
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Un sabre láser ou espada de luz (en inglés: lightsaber) é unha espada de enerxía ficticia que aparece no universo d'A guerra das galaxias (Star Wars). Un sabre láser típico ten arredor dun metro de longo, normalmente cunha empuñadura metálica (duns 11 cm de longo)[1] e proxecta unha lámina de enerxía a xeito de luz brillante (normalmente duns 3 cm de groso, aínda que a lonxitude se pode controlar virando a empuñadura[2]).
O sabre láser é a arma elixida pola orde dos Jedi e máis a dos Sith, ambos os dous poden usala para o combate corpo a corpo ou para desviar disparos láser. A súa distintiva aparencia foi creada usando rotoscopia nos filmes da triloxía orixinal, e dixitalmente na precuela e nos novos filmes de década de 2010. O sabre láser apareceu primeiramente no filme orixinal de 1977 A guerra das galaxias e en todos os filmes de Star Wars. En 2008, nunha enquisa de aproximadamente 2.000 fans de películas, considerouse que é a arma máis popular da historia do cinema.[3]
A folla do sabre láser pode cortar, queimar e derreter a maioría das substancias doadamente. Deixa cicatrices e feridas na pel, mais pode evitarse coa lámina doutra espada láser ou escudos de enerxía. No universo de Star Wars téñense introducido diferentes variantes e cores, espadas con lámina dupla ou con orellas. Cando o sabre está acendido fai un característico zunido, que medra cando se move no ar. Cando bate con outro sabre produce un grande estalo.
Historia
[editar | editar a fonte]Dende a orixe das ordes Sith e Jedi, ambas loitaron cos sabres tradicionais de metal (moi similares ás catanas xaponesas) normalmente modificados cos xeradores de enerxía para aumentar a súa potencia de corte así como para contrarrestar o impacto do sabre inimigo. Tamén houbo varios tipos de sabres (unha lámina tradicional, lámina curta, lámina dobre e lanzas), moi pesados e difíciles de manexar.
No comezo das guerras mandalorianas e da revolución Jedi (aproximadamente 10.000 anos antes da batalla de Yavin), nos laboratorios Sith situados en Korriban (planeta central dos Lords Escuros) descubriron que ao disparar un feixe de enerxía concentrado nun cristal, procedente de minas de situadas no sistema Dantooine, xera bastante enerxía capaz de cortar case calquera cousa, dependendo das características do cristal é a potencia do sabre. Os primeiros sabres de luces só tiñan un único cristal de corte, e posteriormente modificouse a súa capacidade. Os sabres actuais permiten unha extensión de tres cristais (un que dá cor, outro o de corte e o cristal potencializado) unidos a un potenciador de xerador de enerxía. Xeralmente, este último, aumentaba o tamaño do sabre ou era un xerador de frecuencias que aumentaba a velocidade do raio, é dicir, o corte da lámina de luz era máis rápido.
Esta arma revolucionaria foi un enorme problema para os Jedi, que naquel momento aínda estaban a usar sabres tradicionais. Como contraataque, melloraron as súas tradicionais espadas con escudos enerxéticos ineficaces e pronto elixiron usar lámpadas de luz, como se explica no videoxogo Star Wars: Knights of the Old Republic.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "lighsaber". proparchives.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2021.
- ↑ Ahsoka114 (25 de novembro de 2014). "Star Wars Rebels - Rise of the Old Masters - Ezra's Jedi Training - HD". YouTube. Consultado o 10 de agosto de 2015.
- ↑ Sophie Borland (21 de xaneiro de 2008). "Lightsabre wins the battle of movie weapons". Daily Telegraph. Consultado o 2008-01-26.