Saurópsidos
Saurópsidos Sauropsida Rango fósil: carbonífero - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diversos saurópsidos actuais. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subclases | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
A dos saurópsidos (Sauropsida) é unha clase (e un clado) de vertebrados amniotas ao que pertencen a maior parte dos réptiles, e tamén as aves.
É un grupo monofilético de animais irmán dos sinápsidos, hoxe en día representado só polos mamíferos, con que forman o taxon dos amniotas.
Na actualidade existen cerca de 9 000 especies de réptiles e case 10 000 de aves.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O grupo foi descrito en 1864 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Sauropsida está formado polos elementos do latín científico saur- e -ops, ambos tirados tirados do grego antigo σαῦρος saũros, "lagarto", e ὤψ ōps, "aparencia", co sufixo latino -ida indicando plural.[3] Literalmente, "os que se parecen aos lagartos".
Subclases
[editar | editar a fonte]A clase subdivísese nas dúas subclases seguintes:
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome Sauropsida en moitas clasificacións utilízase o sinónimo:[4]
Características
[editar | editar a fonte]Algúns caracteres propios dos saurópsidos son:[5]
- Teñen en común a posesión de escamas epidérmicas de queratina e un ovo amniótico virtualmente idéntico en todos eles.
- Presenza dunha quilla ventral na parte inferior das vértebras cervicais, a hipapófise.
- O sistema excretor produce ácido ornitúrico.
- O iris dol ollo ten músculos estriados que comprimen o cristalino para enfocar.
Historia do taxon
[editar | editar a fonte]O primeiro en propoñer esta relación entre réptiles e aves foi Thomas Huxley en 1864, ao mesmo tempo de propoñer a súa teoría de que as aves evolucionaron a partir de dinosauros, a cal actualmente é aceptada polos paleontólogos.[6]
Os saurópsidos son unha das dúas grandes ramas evolutivas dos amniotas (a outra gran rama é a dos sinápsidos, que conduciu até os mamíferos).
Orixináronse a partir de tetrápodos primitivos no período carbonífero, diversificándose durante os períodos posteriores.
Os fósiles máis antigos coñecidos dos saurópsidos, claramente distinguidos dos mamíferos, datan de aproximadamente hai 312 millóns de anos (Ma). Os saurópsidos, principalmente os dinosauros, formaron a maior parte dos grandes animais mesozoicos até a transición Cretáceo-Terciario, hai 65 Ma. Despois desta crise, os mamíferos ouparon os seus nichos ecolóxicos, pero non os das aves, que tamén se diversificaron nesa época.
Os réptiles en sentido estrito, é dicir, sen as aves, forman un grupo parafilético que, polo tanto, non é relevante para avaliar o grao de parentesco entre as súas especies. Non podemos dicir, por exemplo, que un réptil estea máis cerca doutro réptil que dunha ave: os crocodilos, por exemplo, están xenealoxicamente máis cerca das aves que dos lagartos. Os réptiles son, polo tanto, máis ben un grao evolutivo.
O grupo dose saurópsidos, por outro lado, sendo holofilético, indica que todos os animais que pertencen a eles teñen o mesmo parentesco exclusivo, e non prexulga os diferentes graos de parentesco entre as especies dentro do grupo.
A categoría réptiles foi abandonada nas clasificacións cladísticas. Os investigadores evolutivos, pola súa parte, continúan usando a definición clásica e acéptana como un taxon por dereito propio (a parafilia non é rexeitada nesta escola de taxonomía).
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Sauropsida
|--Anapsida | |--Mesosauridae (extinguidos) | `--Parareptilia | |--Millerettidae (extinguidos) | |--Bolosauridae (extinguidos) | `--Procolophonomorpha | |--Procolophonia | | |--Procolophonidae (extinguidos) | | `--Pareiasauridae (extingu'dos) | `?-Testudines (tartarugas) `--Eureptilia |--Captorhinidae (extinguidos) `--Romeriida |--Protorothyrididae (extinguidos) `--Diapsida |--Araeoscelidia (extinguidos) |--Avicephala (extinguidos) `--Neodiapsida |?-Younginiformes (extinguidos) `--+--Lepidosauromorpha | |?-Euryapsida | | |?-Sauropterygia (extinguidos) | | `?-Ichthyopterygia (extinguidos) | `--Lepidosauriformes | `--Lepidosauria | |--Sphenodontidae (inclúen as tuataras) | `--Squamata (inclúen os lagartos, mosasauros e as serpentes) `--Archosauromorpha |?-Choristodera (extinguidos) |--Trilophosauridae (extinguidos) |--Rhynchosauridae (extinguidos) |--Prolacertiformes (extinguidos) `--Archosauriformes |--Proterosuchidae (extinguidos) |?-Erythrosuchidae (extinguidos) |--Euparkeriidae (extinguidos) `--+--Proterochampsidae `--Archosauria |--Crurotarsi (inclúen os crocodilos) `--Ornithodira |--Pterosauromorpha (extinguidos) `--Dinosauromorpha (inclúen os dinosauros, e as aves)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services. ISBN 978-0-6425-6861-8. Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ Clade Sauropsida Huxley 1864 Arquivado 04 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Sauropsida no Merriam-Webster Unabriged Dictionary,
- ↑ Reptilia, Laurenti, 1768. no ITIS.
- ↑ Guillaume Lecointre & Hervé L. E. Guyader (2016):Classification phylogénétique du vivant - Tomo 1, 4ª edición París: Belin Litterature et Revues. ISBN 978-27-0118-2940-9. Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ Huxley, T. H. (1864): Lectures on the elements of Comparative Anatomy. On the classification of Animals and on the Vertebrate Skull. London: John Churchill and Sons. Amplo resume.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saurópsidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Saurópsidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- National Geographic Society (2008). La enciclopedia de los animales. RBA Libros S.A. ISBN 978-84-8298-464-3.
- McGavin, George C. (2006). Ben Hoare e Jennifer Close, ed. Animales en peligro de extinción. Librería Universitaria Barcelona S.L. ISBN 84-9644-594-1.
- Halliday, Tim; Adler, Kraig (2007). The New Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. Equipo Editorial LIBSA. ISBN 84-6621-445-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Reptiles en reptiles.com.es (en castelán).
- Clade Sauropsida Huxley 1864 en Fossilworks.
- Sauropsida no NCBI.
- Sauropsida en uBio.