Solar Maximum Mission
SMM / Solar Maximum Mission | |
---|---|
Tipo | Observatorio solar |
Organización | NASA |
Contratistas principais | Fairchild |
Data de lanzamento | 14 de febreiro de 1980, 15:57 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 3910[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da actividade solar.[2][6] |
Decaemento | 2 de decembro de 1989[1] |
NSSDC ID | 1980-014A |
Masa | 2315 kg[2][5][6] |
Dimensións | 4 m de longo e 2,3 m de diámetro[2] |
Potencia | 3000 W[2] |
Solar Maximum Mission, coñecido tamén polo seu acrónimo SMM, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 14 de febreiro de 1980 mediante un foguete Delta 3910 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de SMM foi estudar de maneira coordinada a actividade solar durante un período de máximo solar de maneira conxunta con outras naves e observatorios, como ISEE 3. SMM adicouse a observar en lonxitudes de onda curtas e en especial as erupcións solares.[2][3][4][5]
O satélite estaba construído de forma modular usando o bus MMS, pensado para ser reparado no espazo. Tiña unhas dimensións de 4 m de longo e 2,3 m de diámetro. A parte superior contiña os instrumentos científicos e os sensores de apuntado, mentres que o módulo inferior contiña os sistemas de control de actitude, enerxía, comunicación e comandos. Entre os dous módulos atopábase o adaptador de transición, ao que ían acoplados dous paneis solares que proporcionaban entre 1500 e 3000 W de potencia.[2][3][4][5]
Dada a importancia da observación coordinada con outros satélites, o segmento de terra deseñouse para facilitar a coordinación da avaliación dos datos, a planificación, as observacións e o envío de comandos á nave e para manexar a resposta ás erupcións solars en tempo real.[2][3][4][5]
SMM tiña os seguintes instrumentos a bordo:[2][3][4][5]
- Espectrómetro de raios gamma (GRS).
- Radiómetro Monitor de Irradiancia de Cavidade Activa (ACRIM).
- Polarímetro con coronógrafo (CP).
- Espectrómetro de explosións en raios X duros (HXRBS).
- Cámara espectrómetro de raios X duros (HXIS).
- Polarímetro e espectróemtro ultravioleta (UVSP).
- Policromator de raios X (XRP).
O satélite recibiu a visita da misión tripulada STS-41-C para reparar o sistema de control de actitude, o que o converteu no primeiro satélite en ser arranxado en órbita. SMM recolleu datos ata o 24 de novembro de 1989. Os plans para recollelo mediante un transbordador en 1990 e preparalo para novas misións cancelouse e acabou reentrando na atmosfera terrestre o 2 de decembro de 1989.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Maximum Mission |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SMM" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (21 de marzo de 2017). "SMM" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Note verbale dated 10 June 1980 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (80-15356). 20 de xuño de 1980: 2. Consultado o 15 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Claude Lafleur (2017). "SMM / Solar Maximum Mission" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SMM (Solarmax)" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "SMM" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017.