Saltar ao contido

Spinefarm Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spinefarm Records
Tiposelo discográfico e selo editorial
Data de fundación1990
Organización matrizUniversal Music Group
SedeHelsinqui, Londres e Nova York
PaísFinlandia
Na rede
https://www.spinefarmrecords.com/
Facebook: spinefarm Twitter: Spinefarm Instagram: spinefarmrecords Youtube: UCqjtD7Ec9tSThagnyhLBsQA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Spinefarm Records é un selo discográfico finés centrado principalmente en artistas de heavy metal.

Spinefarm Records foi fundado por Riku Pääkkönen en 1990. Orixinalmente era unha empresa de venda por correo ata que Pääkkönen iniciou o seu propio negocio editorial.[1] O primeiro lanzamento do selo foi o EP Ihmisiä kuolee! da banda Rytmihäiriö.[2]

No ano 1999 Sami Tenetz, guitarrista da banda de black metal Thy Serpent creou un subselo chamado Spikefarm Records. Dende 2002 Spinefarm forma parte de Universal Music Group, pero opera como unha unidade de negocio independente.[3]

  1. "Raskasta" (PDF) (en finés). Suomen Kuvalehti. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  2. "Historia". Rytmihäiriö. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  3. "Universal Music Finland becomes majority shareholder in Spin-Farm Oy". Universal Music. Archived from the original on 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]