Saltar ao contido

Triáquidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Triáquidos
(Triakidae)

Rango fósil: eoceno - actualidade [1][2][3]

Tiburón leopardo, Triakis semifasciata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Carcharhiniformes
Familia: Triakidae
Gray, 1851
Xéneros
Véxase o texto

A dos triáquidos (Triakidae) é unha familia de elasmobranquios pleurotremados da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), pequenos ou medianos tiburóns (de 37 cm a 220 cm de lonxitude os adultos) con dúas grandes aletas dorsais sen espiñas e unha aleta anal, e ollos ovais con membranas nictitantes, que viven en todo o mundo, en augas cálidas e temperadas, onde se alimentan de peixes e invertebrados no fondo do mar e en augas medias.[4]

Segundo as especies, poden ser vivíparos ou ovovivíparos.

A familia inclúe, entre outras, os xéneros Galeorhinus (con Galeorhinus galeus, o cazón) e Mustelus (con Mustelus mustelus, o cazón liso e Mustelus asterias, o cazón branco), e —de considerarmos este xénero dentro da familia—, todos eles comúns nas augas galegas.[5]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia dos triáquidos inclúe 45 especies en nove xéneros,[6] repartidos en dúas subfamilias, a dos triaquinos (Triakinae Gray, 1851), cos xéneros Mustelus, Scylliogaleus e Triakis, e a dos galeorrininos (Galeorhininae Gill, 1862), co resto dos xéneros.[7]

Familia Triakidae

Algúns autores elevan ao rango de familia estas subfamilias, polo que a dos triáquidos quedaría reducida aos tres xéneros anteditos, integrando os restantes a dos galeorrínidos (Galeorhinidae).[8]

Cladograma

[editar | editar a fonte]

Cladograma da familia dos triáquidos [Cómpre referencia]

  • Fanmilia Triakidae
    • Subfamilia Triakinae
      • Tribo Scylliogaleini
        • Xénero Scylliogaleus
      • Tribo Triakini
        • Xénero Mustelus
        • Xénero Triakis
          • Subxénero Triakis
          • Subxénero Cazon (pode ser un xénero) [9]
    • Subfamilia Galeorhininae
      • Tribo Galeorhinini
        • Xénero Galeorhinus
        • Xénero Hypogaleus
      • Tribo Iagini
        • Xénero Gogolia
        • Xénero Hemitriakis
        • Xénero Iago

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Triakidae en FishBase (en inglés) Consultada o 10/12/2010.
  2. Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: Deutscher Verlag der Wissenschaften
  3. Long, J. A. (1995): The Rise of Fishes: 500 million years of evolution. Baltimore/London: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5438-5.
  4. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Triakidae en FishBase. Versión xaneiro de 2009. (en inglés) Consultada o 10/12/23012.
  5. Rodríguez Villanueva et al. (1992), pp. 60-65.
  6. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2010): Triakidae en FishBase, versión 7 de xaneiro de 2010
  7. Compango, L. J. V. (2003): Sharks of the Order Carcharhiniformes. Caldwell, New Jersey, USA: Blakburn Press. ISBN 1-930665-76-8.
  8. Blackwelder, Richard E. (1972): Guide to the taxonomic literature of vertebrates. Madison: University of Wisconsin. ISBN 0-8138-1630-0.
  9. Genus Cazon de Buen, 1959 en The Taxonomicon. Consultada o 10/12/2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]