Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia
Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia | |
---|---|
Resumo | |
Data | 13 de outubro do 1972 |
Causa | Voo controlado contra o terreo debido a un erro do piloto |
Lugar | Glaciar de las Lágrimas, Departamento Malargüe, Provincia de Mendoza, Arxentina, a 3500 m s. n. m. nos Andes, a 1200 m da fronteira con Chile |
Finados | 29 |
Aeronave | |
Pasaxeiros | 40 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 16 |
O accidente do voo 571 da Forza Aérea Uruguaia aconteceu o venres 13 de outubro de 1972, cando o Fairchild FH-227D, un voo chárter que o día anterior engalara de Montevideo con destino Santiago de Chile, se estrelou na cordilleira dos Andes. O accidente aéreo e a posterior supervivencia dalgúns dos pasaxeiros pasarían a coñecerse en castelán coma «tragedia de los Andes» e «milagro de los Andes», é dicir, «traxedia dos Andes» e «milagre dos Andes», respectivamente.
Mentres o avión cruzaba os Andes, as nubes agochaban as montañas.[1] Os pilotos creron erroneamente que a aeronave xa sobrevoara Curicó, onde viraría ao norte para iniciar o seu descenso cara o Aeroporto Los Cerrillos da capital chilena. Non se decataron de que as lecturas dos instrumentos indicaban que aínda se atopaban a entre 60 e 70 km de Curicó.
A aeronave comezou a descender antes de tempo mentres aínda sobrevoaba os Andes, impactando deste xeito contra o fío dunha montaña. As dúas ás e a sección da cola desprendéronse da fuselaxe. O resto da fuselaxe escorregouse pola montaña a unha velocidade aproximada de 350 km/h, descendeu uns 750 m e estrelouse contra o xeo e neve do glaciar Las Lágrimas a 3570 m s. n. m. na Provincia de Mendoza, en Arxentina, a tan só 1200 m da fronteira con Chile. As autoridades comezaron decontado a busca do avión e sobrevoaron o lugar do accidente varias veces durante os seguintes días, mais non acadaron enxergar a branca fuselaxe sobre a neve. O 21 de outubro, cancelouse a busca.
A aeronave transportaba a cinco tripulantes e cuarenta pasaxeiros, incluídos dezanove membros do equipo de rugby Old Christians Club, xunto a algúns familiares, simpatizantes e amigos.[2] Tres membros da tripulación e dez pasaxeiros morreron a causa do impacto, mentres que catro persoas finaron durante a primeira noite debido ás xélidas temperaturas e ás súas graves feridas. Nas semanas posteriores finaron doce máis, de entre elas, oito por mor dun alude.
Táboa cronolóxica
[editar | editar a fonte]Día | Data | Eventos e mortes | N.o de finados | N.o de desaparecidos | N.o de sobreviventes |
---|---|---|---|---|---|
Día 0 | 12 de outubro | Engalaxe dende Montevideo, Uruguai. | 45 sobreviventes | ||
Día 1 | 13 de outubro | Engalaxe, após unha parada, ás 14:18 dende Mendoza, Arxentina.
Colisión ás 15:34. Caen do avión:
Finan por mor do choque ou pouco despois:
|
6 finados | 7 desaparecidos | 32 sobreviventes |
Día 2 | 14 de outubro | Finan durante a primeira noite:
|
10 finados | 7 desaparecidos | 28 sobreviventes |
Día 9 | 21 de outubro | Fina:
|
11 finados | 7 desaparecidos | 27 sobreviventes |
Día 12 | 24 de outubro | Atópanse os cadáveres de:
|
16 finados | 2 desaparecidos | 27 sobreviventes |
Día 17 | 29 de outubro | Un alude mata a:
|
24 finados | 2 desaparecidos | 19 sobreviventes |
Día 34 | 15 de novembro | Fina:
|
25 finados | 2 desaparecidos | 18 sobreviventes |
Día 37 | 18 de novembro | Fina:
|
26 finados | 2 desaparecidos | 17 sobreviventes |
Día 60 | 11 de decembro | Fina:
|
27 finados | 2 desaparecidos | 16 sobreviventes |
Día 61 | 12 de decembro | Roberto Canessa, Fernando Parrado e Antonio Vizintín saen á procura de axuda. | 27 finados | 2 desaparecidos | 16 sobreviventes |
Día 62 | 13 de decembro | Atópase o cadáver de:
|
28 finados | 1 desaparecido | 16 sobreviventes |
Día 63 | 14 de decembro | Atópase o cadáver de:
|
29 finados | 0 desaparecidos | 16 sobreviventes |
Día 64 | 15 de decembro | Vizintín retorna á fuselaxe. | 29 finados | 0 desaparecidos | 16 sobreviventes |
Día 69 | 20 de decembro | Parrado e Canessa atópanse co carreteiro chileno, Sergio Catalán. | |||
Día 70 | 21 de decembro | 2 persoas son rescatadas:
| |||
Día 71 | 22 de decembro | 6 persoas son rescatadas:
| |||
Día 72 | 23 de decembro | 8 persoas son rescatadas:
|
Sobreviventes
[editar | editar a fonte]Os sobreviventes Javier Alfredo Methol Abal e José Luis Nicolás Inciarte Vázquez finaron, por mor dun cancro, en 2015 e 2023, respectivamente.[3] Na actualidade, os demais sobreviventes do accidente aéreo aínda viven.
Nome | Idade | Ocupación | Notas |
---|---|---|---|
Adolfo Luis "Fito" Strauch Urioste | 24 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
Alfredo Daniel "Pancho" Delgado Salaberri | 25 | Licenciado en dereito | |
Álvaro Mangino Schmid | 19 | Estudante de enxeñaría técnica agropecuaria | |
Antonio José "Tintín" Vizintín Brandi | 19 | Estudante de dereito | |
Carlos Miguel "Carlitos" Páez Rodríguez | 19 | Estudante de enxeñaría técnica agropecuaria | |
Daniel Fernández Strauch | 26 | Enxeñeiro agrónomo | |
Eduardo José Strauch Urioste | 25 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
Fernando Seler "Nando" Parrado Dolgay | 23 | Estudante de enxeñaría mecánica | |
Gustavo Zerbino Stajano | 19 | Estudante de medicina | |
Javier Alfredo Methol Abal | 37 | Empresario | † — Finado en 2015 |
José Luis Nicolás "Coche" Inciarte Vázquez | 24 | Estudante de enxeñaría agrónoma | † — Finado en 2023 |
José Pedro Jacinto María Algorta Durán | 21 | Estudante de economía | |
Ramón Mario "Moncho" Sabella Barreiro | 21 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
Roberto Fernando Jorge "Bobby" François Álvarez | 21 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
Roberto Jorge Canessa Urta | 19 | Estudante de medicina | |
Roy Álex Harley Sánchez | 20 | Estudante de enxeñaría industrial |
Obras
[editar | editar a fonte]Cinema e televisión
[editar | editar a fonte]- Supervivientes de los Andes (1976) — Produción cinematográfica mexicana dirixida por René Cardona Jr. e baseada no libro Survive!, de Blair.
- Alive (1993) — Longametraxe dirixida por Frank Marshall, narrado por John Malkovich e protagonizado por Ethan Hawke, baseada no libro homónimo de Read. O sobrevivente Nando Parrado, participou coma conselleiro técnico do filme.[4]
- Alive: 20 Years Later (1993) — Documental producido, dirixido e escrito por Jill Fullerton-Smith e narrado por Martin Sheen. Expón as vidas dos sobreviventes vinte anos despois do accidente e relata a súa participación no filme Alive.
- La sociedad de la nieve (2007) — Escrito e dirixido por Gonzalo Arijón, é un documental entrelazado con escenas dramatizadas. Entrevístase a tódolos sobreviventes, amais dalgúns familiares e persoas envoltas no rescate. Documentase unha expedición na que os sobreviventes retornan ao lugar do accidente. O filme estreouse en 2007, no Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam, onde recibiu o premio Joris Ivens.[5]
- «Trapped: Alive in the Andes» (7 de novembro de 2007) — Episodio da tempada 1 da serie de televisión e documental Trapped, de National Geographic. A serie examina os incidentes que deixaron aos sobreviventes atrapados durante o período do accidente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "When dead reckoning became deadly: remembering the Andes air disaster". Flight Safety Australia (en inglés).
- ↑ ""Comer los cuerpos -para vivir hasta ser rescatados- fue más difícil para algunos que para otros": el impactante testimonio de un sobreviviente del "Milagro de los Andes"". BBC News (en castelán).
- ↑ "Murió José Luis “Coche” Inciarte, uno de los 16 sobrevivientes de la tragedia de los Andes". www.elpais.com.uy (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2023.
- ↑ "Alive and well". The Daily Telegraph (en inglés).
- ↑ Lee, Chris. "«The director of 'Stranded' has lived with this story»". Los Angeles Times (en inglés). Archived from the original on 26 de decembro de 2008. Consultado o 11 de maio de 2024.