Saltar ao contido

Voskhod 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voskhod 1
Cápsula de retorno da Voskhod 1
TipoTripulada
Data de lanzamento12 de outubro de 1964, 7:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVoskhod[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1,01 días[2][6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo con varios tripulantes a bordo.[2][6]
Regreso13 de outubro de 1964[1][6]
NSSDC ID1964-065A
Masa5320,0 kg[2][5][6]

Voskhod 1 foi o nome da primeira misión con varios tripulantes a bordo da Historia. Foi lanzada o 12 de outubro de 1964 mediante un foguete Voskhod desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de Voskhod 1 usou a cápsula Voskhod-3KV con tripulación por primeira vez. A bordo ían Vladimir Komarov como piloto e Konstantin Feoktistov e Boris Iegorov como científicos e supuxo a primeira misión espacial con máis dun tripulante ocupando a mesma nave. Voskhod 1 supuxo certo risco polas modificacións á cápsula para admitir a tres cosmonautas, asumido para bater aos estadounidenses co seu programa Gemini.[2][3][4][5]

A misión serviu para estudar e practicar o traballo en equipo no espazo e para facer experimentos de física, medicina e bioloxía. A tripulación regresou a terra o 13 de outubro de 1964 ás 7:47 GMT.[2][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSKHOD 1" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Voskhod 1" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 12 November 1964 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (64-25159). 19 de novembro de 1964: 2. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Voskhod / Voskhod #2" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Voskhod-3KV" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Voskhod 1" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018.