Saltar ao contido

Warakshe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Warakshe foi un reino na rexión de Elam, ao oeste, sometido a Sargón I de Akkad sobre o -2325.

Rebelouse contra o sucesor de Sargón, o seu fillo Rimush, sobre o -2281, baixo a dirección do rei Sidgau, auxiliado polo rei de Awan (tamén sublevado) Lukhkhishshan. A rebelión foi acorada. Pola mesma época menciónase o reino de Parahsum, que podería ser o nome acadio de Warakhshe ou Warakshe

O -2260, durante a sucesión de Naramsin, vólvese a rebelar sen éxito.

Sobre o -2075 aparece mencionado como Markhashi e era aliado do rei Shulgi de Ur.

  • Sidgau.