Saltar ao contido

Yaa Gyasi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYaa Gyasi

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Mampong, Ghana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
Universidade de Iowa
Virgil I. Grissom High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela histórica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Influencias
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8236821 BNE: XX5712861 Editar o valor en Wikidata


Yaa Gyasi, nada en Mampong en 1989[1], é unha escritora ghanesa e estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Presentación de Homegoing.

É filla de Kwaku Gyasi, profesor de Francés na Universidade de Alabama en Huntsville, e Sophia, enfermeira.[2][3] A súa familia mudouse aos Estados Unidos en 1991 cando o seu pai completou o seu doutoramento na Universidade do Estado de Ohio.[1][4] A familia viviu tamén en Illinois e Tennessee, e desde os dez anos Gyasi creceu en Huntsville (Alabama).[1][5]

Gyasi lembra ser tímida de nena, sentirse próxima aos seus irmáns polas experiencias compartidas como nenos inmigrantes en Alabama, e recorrer aos libros como os seus "mellores amigos".[4] Recibiu un certificado de méritos da man de LeVar Burton logo enviar o seu primeiro relato ao concurso Reading Rainbow para novos creadores e ilustradores, e aos dezasete anos, logo de ler Song of Solomon de Toni Morrison mentres asistía ao instituto Grissom, decidiuse a ser escritora.[4]

Gradououse en Lingua e literatura inglesas pola Universidade de Stanford. Despois de rematar a carreira comezou a escribir a súa primeira novela e empezou a traballar nunha empresa emerxente en San Francisco, pero deixouno[6] e marchou facer un mestrado en Belas artes no Obradoiro de Escritores de Iowa, un programa creativo de escritura da Universidade de Iowa.[5][6] En 2016, vivía en Berkeley, California.[6][7]

A súa primeira novela, Homegoing, está inspirada nunha viaxe a Ghana que fixo en 2009, a primeira vez que viaxaba fóra dos Estados Unidos desde que era nena. A obra foi rematada en 2015, e despois de prsentala a varios editores, tivo diversas propostas até que aceptou unha oferta millonaria de Alfred A. Knopf.[6] Ta-Nehisi Coates seleccionou Homegoing para o premio "5 menos de 35" da National Book Foundation en 2016,[5] e a novela recibiu varios premios máis.[7][8][9][10]

Escribiu en publicacións como African American Review,[11] Callaloo,[12] Guernica[13] The Guardian,[14] ou Granta.[15]

Gyasi cita Toni Morrison (Song of Solomon), Gabriel García Márquez (Cien años de soledad), James Baldwin (Go Tell It on the Mountain), Edward P. Jones (Lost in the City), e Jhumpa Lahiri (Unaccustomed Earth) como inspiracións.[4][6][16]

  • Homegoing (2016)

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Nacional John Leonard do Círculo de Críticos Literarios ao mellor primeiro libro[17]
  • Premio Hemingway Foundation/PEN ao mellor primeiro libro de ficción[18]
  • Premio 5 under 35 da National Book Foundation
  • American Book Award[19]
  • 2017: Granta Mellor escritora nova estadounidense[20][21][22]
  1. 1,0 1,1 1,2 Maloney, Jennifer (26 de maio de 2016). "Homegoing by Yaa Gyasi, Born in Ghana and Raised in the U.S.". Wall Street Journal. ISSN 0099-9660. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  2. Anderson-Maples, Joyce (2 de decembro de 2016). "UAH welcomes Yaa Gyasi, author of The New York Times best-selling book Homegoing". The University of Alabama in Huntsville. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  3. Haskin, Shelly (28 de agosto de 2016). "How an Alabama author's debut novel landed her on 'The Daily Show'". AL.com. Consultado o 4 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Begley, Sarah (5 de xuño de 2016). "A 26-Year-old Looks to the Past for Her Literary Debut". Time. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Yaa Gyasi, author of Homegoing, 5 Under 35, 2016, National Book Foundation". National Book. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2016.  Arquivado 03 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Wolfe, Eli (28 de xuño de 2016). "How Yaa Gyasi found her story in slavers' outpost". San Francisco Chronicle. Consultado o 1 de marzo de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "PEN/Hemingway Award for Debut Fiction". PEN New England (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 23 de abril de 2017. 
  8. Associated Press (4 de agosto de 2017). "Debut novelist among winners of American Book Awards". The Washington Times (en inglés). ISSN 0190-8286. 
  9. Alter, Alexandra (17 de xaneiro de 2017). "Zadie Smith and Michael Chabon Among National Book Critics Circle Finalists". New York Times. .
  10. "100 Notable Books of 2016". The New York Times. 21 de novembro de 2016. ISSN 0362-4331. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  11. AAR African American Review.
  12. "Yaa Gyasi", National Book Festival, Library of Congress.
  13. Yaa Gyasi, "Inscape", Guernica, 15 de xuño de 2015.
  14. "Yaa Gyasi: ‘I write a sentence. I delete it. I wonder if it’s too early for lunch’". The Guardian. 28 de outubro de 2017. 
  15. Gyasi, Yaa (25 de abril de 2017). "Leaving Gotham City". Granta 139: Best of Young American Novelists. 
  16. "Five books: The books that influenced Yaa Gyasi". Penguin. 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2017.  Arquivado 30 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.
  17. "National Book Critics Circle: National Book Critics Circle Announces 2016 Award Winners - Critical Mass Blog". Book Critics. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019. 
  18. "Interview with Yaa Gyasi, 2017 PEN/Hemingway Award Winner | The Hemingway Society". www.hemingwaysociety.org. Consultado o 9 de febreiro de 2019. 
  19. "2017 American Book Awards announced! | Before Columbus Foundation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019.  Arquivado 09 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
  20. Kellogg, Carolyn, e Michael Schaub, "Granta names 21 of the best young American novelists" Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., The Los Angeles Times, 26 de abril de 2017.
  21. "Granta’s list of the best young American novelists", The Guardian, 26 de abril de 2017.
  22. Onwuemezi, Natasha, "Granta reveals its Best of Young US Novelists 2017", The Bookseller, 26 de abril de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]