Saltar ao contido

Zigópteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os zigópteros[1] ou cigópteros[2] (Zygoptera) son unha suborde da orde Odonata, que comprende os cabalos do demo[3]. Diferéncianse doutros odonatos porque as súas ás en descanso alíñanse xunto ao abdome, os dous pares de ás son iguais e os ollos están considerablemente separados.

Características

[editar | editar a fonte]

Os zigópteros, como o resto de odonatos, son hemimetábolos (metamorfose incompleta) e o seu estadio ninfal é acuático. A femia pon ovos na auga, ás veces na vexetación mergullada, ou no alto en árbores, en cavidades que reciben auga de choiva. As ninfas son carnívoras, comendo larvas de mosquitos, Daphnia, e outros organismos acuáticos.

As branquias das ninfas son grandes e externas, ao final do abdome. Despois dun tempo importante na metamorfose, o adulto emerxe e come moscas, mosquitos, e outros insectos pequenos. Algunhas especies tropicais grandes aliméntanse de arañas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zigópteros.
  2. Definición de cigóptero no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabalo. (ver frases e expresións con cabalo)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.