Saltar ao contido

petar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: Creación expresiva.
  • Pronuncia: /peˈtaɾ/ (AFI)

Verbo

petar

  1. Dar golpes.
    • Exemplo: Petan na porta. Mira a ver quen é.

    • Sinónimos: bater, chamar (na acepción de petar na porta ou na ventá), golpear, mallar (petar en alguén).
  2. Querer facer algunha cousa.
    • Sinónimos: apetecer.
    • Exemplo: Escóiteme ben: entrarei aquí cando me pete.

  3. (Coloquial) Apagarse, deixar de funcionar un aparato.
    • Exemplo: Terás que deixarme o teu ordenador porque o meu petou e necesito facer unha cousa.

    • Sinónimos: avariarse, estropearse.

Conxugación


Traducións