Emmanuelle Béart
Emmanuelle Béhart-Hasson, nada en Gassin o 14 de agosto de 1963, é unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Béart.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Béart naceu na Riviera francesa, filla de Geneviève Galéa (pseudónimo de Geneviève Guillery), antiga modelo de ascendencia crota, grega e maltesa, e de Guy Béart, cantante e poeta.[1] A familia do seu pai, nado en Exipto, era descendente de xudeus libaneses.[2][3][4][5][6]
Ten unha media irmá, Ève (nada en 1959), por parte paterna, e seis medios irmáns de dúas relacións da súa nai, Ivan, Sarah e Mikis Cereix e Olivier, Lison e Charlotte Guespin.[7][8]
No final da súa adolescencia, pasou vacacións de verán coa familia anglofalante dun amigo íntimo do seu pai en Montreal. Ficaba con Beverly Mellen e William Sofin e os seus fillos, Andrew e Sean Sofin. A finais do verán, a familia convidouna a quedar con eles e completar o baccalauréat no Collège International Marie de France. Continuaron a manter a súa amizade.[9]
Béart conseguiu un papel no filme de 1976 Tomorrow's Children. Tamén apareceu en pequenas personaxes na televisión. Tras graduarse do Collège International Marie de France de Montreal, volveu a Francia para recibir clases de arte dramática en París. Pouco despois foi contratada para o seu primeiro papel adulto nun filme, e en 1986 acadou sona polo seu papel con Yves Montand, como a filla vingativa do éxito francés Manon des Sources. Pola súa interpretación gañou o César á mellor actriz secundaria. En 1995 gañou o premio de interpretación do Festival de Ciname de Moscova polo seu papel en Une femme française.[10]
No número do 5 de maio de 2003 da edición francesa da revista Elle, Béart, de 39 anos, apareceu espida:[11] a edición enteira de 550 000 copias veldeuse en tres días, converténdose no número máis vendido na historia de publicación.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A mediados da década de 1980, Béart comezou unha relación con Daniel Auteuil (coprotagonista de L'amour en douce, Manon des Sources, Un cœur en hiver e Une femme française); casaron en 1993 e divorciáronse en 1995. Béart relacionouse romanticamente co produtor musical David François Moreau[9][13] e co produtor cinematográfico Vincent Meyer durante dous anos ata que se suicidou en maio de 2003.[11] Ten tres fillos, incluíndo Nelly Auteuil (nada c. 1993) e Johan Moreau (nado c. 1996).[9] Casou co actor Michaël Cohen o 13 de agosto de 2008 en Genappe (Bélxica), e en 2009 adoptaron un neno de Etiopía chamado Surafel. Béart e Cohen separáronse en 2011. En 2011, comezou unha relación co director e director de fotografía Frédéric Chaudier.[14]
Ademais do seu traballo na pantalla, Béart é coñecida polo seu activismo social. É embaixadora de UNICEF, e mostrou a súa oposición ás leis francesas antiinmigración. En 1996 apareceu nos titulares cando foi evacuada dunha igrexa parisiense que ocupara o seu grupo en defensa dos "sans-papiers" ("sen papeis").
En marzo de 2012, Béart falou contra a cirurxía estética en Le Monde, dicindo que se arrepentía de operarse os beizos en 1990 cando tiña 27 anos.[15]
En setembro de 2018, casou con Frédéric Chaudier.[16]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Emmanuelle Beart Biography (1965–)". Film Reference. Consultado o 21 de abril 2020.
- ↑ Binder, Carol (16 de setembro de 2015). Guy Béart: «Ma mère m'a enseigné les rituels juifs que je connais très bien» Arquivado 20 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. ActualitéJuive (en francés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ "Emmanuelle Beart". Gossiprocks.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Bu, Peter (24 de agosto de 2018). "Ces migrants qui abîment l'image de la France". Mediapart.fr (en francés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Kerlereux, Pierre (xaneiro de 2019) [2019]. "Les chrétiens d'Orient" [Eastern Christians]. Besancon.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2020. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Salameh, Franck (2018). Lebanon's Jewish Community: Fragments of Lives Arrested. Springer. p. 52. ISBN 978-3-319-99667-7.
- ↑ Média, Prisma. "Emmanuelle Béart - La biographie de Emmanuelle Béart avec Gala.fr". Gala.fr (en francés). Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ Arlin, Marc (12 de agosto de 2020). "Emmanuelle Béart : qui est sa soeur aînée, Eve Béart ?". www.programme-tv.net (en francés). Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Emmanuelle Beart". Turner Classic Movies. Consultado o 16 de xaneiro de 2010.
- ↑ "19th Moscow International Film Festival (1995)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ 11,0 11,1 "Actress Conceals Grief At Cannes". Contactmusic.com (en inglés). World Entertainment News Network. 25 de maio de 2003. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Mottram, James (20 de xuño de 2009). Emmanuelle Béart: 'Sometimes you feel more naked when you're totally dressed than the other way round'. The Independent. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ "Emmanuelle Béart a été en couple avec le frère de Patrick Bruel - Gala". Gala.fr (en francés). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "PHOTOS – Emmanuelle Béart and her lover Frédéric Chaudier accomplices for a glamorous evening Gala". The Siver Times. 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Emmanuelle Béart : la chirurgie esthétique, "ça a été effroyable". Le Monde (en francés). 2 de marzo de 2012. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ La rédaction (26 de setembro de 2018). "Exclu – Vive la mariée : Emmanuelle Beart a épousé son compagnon Frédéric". Gala.fr (en francés). Consultado o 2018-09-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emmanuelle Béart |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gaffez, Fabien (10 de marzo de 2005). Emmanuelle Béart. Nouveau Monde Editions. ISBN 978-2-84736-090-5.