Baño turco
O baño turco ou hammam é unha modalidade de baño de vapor que inclúe limpar o corpo e relaxarse. Desempeñaron un importante papel nas culturas do Medio oriente como punto de reunión social, ritual de hixiene e como elementos arquitectónicos. Os europeos coñecéronos polos seus contactos cos otománs e en Europa Oriental foron populares durante a Era vitoriana.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O proceso de tomar un baño turco é unha variante húmida dunha sauna, pero está máis relacionado coas prácticas de baño dos romanos. Tomar un baño turco primeiro esixe a relaxación nun cuarto (coñecido como cuarto morno) quentado cun fluxo continuo de aire quente que permite que o bañista respire libremente. Logo, pasan a un cuarto aínda máis quente (coñecido como cuarto quente) antes de mergullarse nunha piscina fría. Despois de facerse un lavado completo de corpo e recibir unha masaxe; finalmente retíranse ao cuarto de arrefriado para un período de relaxación. A imaxe inferior mostra os Baños do Almirante, un edificio de estilo mudéxar construído en 1313, situado xunto ao Palacio dos Almirantes de Aragón, no centro urbano de Valencia.
Os baños turcos foron unha continuación dos baños romanos que persistiron na cultura oriental e popularizáronse sobre todo co Imperio Otomán. Aos europeos que visitaron estes países gustáronlles os baños turcos e leváronos" a Europa onde se popularizaron.
Os baños turcos foron introducidos nas Illas Británicas por David Urquhart, diplomático e, ocasionalmente, membro do Parlamento de Stafford, quen por razóns políticas e persoais desexaba popularizar a cultura turca. En 1850 escribiu The Pillars of Hercules, un libro sobre as súas viaxes a España e Marrocos durante 1848, no cal describe o sistema de quecemento do aire dos baños usados alí, e no Imperio Otomán, os que foran moi populares na época romana con lixeiros cambios.
En 1856, Richard Barter, lendo o libro de Urquhart e traballado con el na construción dos baños, abriu o primeiro baño turco moderno en Gran Bretaña no Establecemento de Hidroterapia de St. Ann preto de Blarney, County Cork, Irlanda. Ao ano seguinte, o primeiro en Inglaterra desde a época romana abriuse na Cidade de Manchester, e a idea expandiuse rapidamente no norte de Inglaterra. Chegou a Londres en xullo de 1860 cando Roger Evans, membro do Comité de Estranxeiros dos Asuntos de Urquhart, abriu un na rúa 5 Bell, preto de Arco de Mármore.
Durante os seguintes 150 anos, abríronse en Gran Bretaña ao redor de 600 baños máis, e outros similares noutras cidades do Imperio Británico. O Dr. John Lle Gai Brereton, que dera consello médico aos bañistas do baño localizado en Bradford do que era dono o Comité de Estranxeiros dos Asuntos de Urquhart, viaxou a Sídney (Australia) e abriu un propio na rúa Spring en 1859, mesmo antes de que se instalasen en Londres. Canadá abriu un en 1869, e o primeiro en Nova Zelandiaa abriuse en 1874. A influencia de Urquhart sentiu mesmo fose do Imperio cando en 1863, o Dr. Charles Shepard inaugurou o primeiro nos Estados Unidos na rúa Columbia número 63, nos altos de Brooklyn, Nova York.
Hoxe existen preto de vinte baños turcos abertos nas Illas Británicas, aínda que os baños de aire quente aínda prosperan nas variantes de baños de vapor rusos e sauna finesa. Ultimamente prosperan en todas as culturas occidentais como outra das actividades de relax e culto ao corpo, levados pola onda de moda dos "spas" e os balnearios urbanos das capitais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baño turco |