Exposición Internacional de Zaragoza de 2008
A Exposición Internacional de Zaragoza foi unha exposición internacional recoñecida que se celebrou en Zaragoza (España) desde o 14 de xuño ao 14 de setembro de 2008 e cuxo eixo temático foi «Auga e desenvolvemento sostible». A localización do recinto da Exposición formou parte da mesma: na ribeira do meandro de Ranillas, unha curva que o río Ebro fai ao seu paso pola cidade.
A Expo 2008 foi regulada pola Oficina Internacional de Exposicións (organización responsable de asignar as Exposicións). Zaragoza impúxose a outras cidades candidatas para ser sede dunha Exposición Internacional en 2008, como Tesalónica (Grecia) e Trieste (Italia), o 16 de decembro de 2004.
Zaragoza tamén conmemorou en 2008 o bicentenario dos Sitios de Zaragoza da Guerra da Independencia contra a invasión napoleónica (1808) e o centenario da Exposición Hispano-Francesa de 1908 que supuxo un salto cualitativo de modernidade na cidade.
A mascota da Expo 2008 foi unha pinga de auga. A mascota chámase Fluvi, acrónimo de flumen vitae (en latín, "río da vida").
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exposición Internacional de Zaragoza de 2008 |
- Sitio web oficial (en castelán)
- Sitio web oficial do parque empresarial post-Expo Arquivado 14 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- Blog oficial de Expo Zaragoza 2008 (en castelán)