Gran Premio de Austria de 1975
Nome oficial | VIII Austrian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Austria |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Localización e Datas | |
Localización | A1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 |
Lonxitude | 4,318 km |
País | Austria |
Data | 17 de agosto de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Vittorio Brambilla |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Vittorio Brambilla |
O Gran Premio de Austria de 1975 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 17 de agosto de 1975. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, e o oitavo Gran Premio de Austria o sexto, que se celebrou en Österreichring. Levouse a cabo sobre 29 das 54 voltas programadas para cubrir unha distancia de carreira de 171 quilómetros. A carreira foi acurtada pola choiva, o que significou que se outorgaron só a metade de puntos.
Baixo a forte choiva, a carreira foi gañada polo piloto italiano Vittorio Brambilla pilotando un March 751. Foi a única vitoria de Fórmula Un de Brambilla nos seus sete anos de andaina na Fórmula 1. Logrou a vitoria por 27 segundos sobre o británico James Hunt no seu Hesketh 308. Oito segundos máis atrás quedou o Shadow DN5 do piloto británico Tom Pryce no primeiro dos seus dous podios da súa curta carreira.
Con Carlos Reutemann e Emerson Fittipaldi fora dos puntos, a sexta posición de Niki Lauda permitiulle ampliar a súa vantaxe a 17´5 puntos. Si Lauda anotaba un punto no Gran Premio de Italia, o piloto austríaco lograría o campionato.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Niki Lauda deleitou ao seu público ó lograr a súa sétima pole position do ano. Rolf Stommelen regresou logo do seu accidente en España, Chris Amon regresaba a Ensign e Brett Lunger cualificou ben no seu debut co Hesketh.
A práctica viuse empañada por unha serie de accidentes, Brian Henton estrelou o seu Lotus cando pisou unha mancha de aceite e Wilson Fittipaldi rompeu dous ósos da man. Durante a última sesión de adestramentos, Mark Donohue estrelouse en Vost-Hugel, a curva á dereita logo dos pits. O coche saltou por encima do garda rail e bateu contra nunha valla publicitaria. Morreron dous comisarios no accidente, e Donohue morreu por mor dunha hemorraxia cerebral tres días despois.
Cando formábase a grella de saída, informouse de choiva no lado oposto da pista. Nubes de tormenta formábanse rapidamente e os coches regresaron aos boxes para cambiar a pneumáticos de choiva.
Logo de 45 minutos, a grella estaba lista de novo. Lauda liderou por diante de James Hunt e Patrick Depailler que saíran desde a cuarta fila. Mario Andretti trompeou, e Bob Evans retirouse co BRM.
Vittorio Brambilla avanzou a través da cortina de auga para obter unha magnífica terceira posición, con Ronnie Peterson pasando do décimo ao cuarto lugar.
Na volta 12, era obvio que o coche de Lauda non se adaptara plenamente para facer fronte a condicións de mollado e na volta 15 Hunt adiantouno por quinta vez na tempada. Foi por pouco tempo. O motor do Hesketh funcionaba só con sete cilindros e Brambilla estaba acosándoo. Diante deles Lunger conducía con coidado na súa primeira carreira en mollado e non podía ver como se aproximaban os líderes por detrás. Brambilla adiantouno, pero pasaron outras dúas voltas antes de que Hunt puidera pasar finalmente ao seu compañeiro de equipo. Jochen Mass trompeou e perdeu o terceiro posto, pronto houbo unha actividade frenética entre a Asociación de Pilotos de Grandes Premios e os comisarios de carreira en canto a si a carreira debía seguir, detívose na volta 29.
Cando Brambilla pasou á bandeira, estrelouse contra as barreiras e o equipo March celebrou unha vitoria histórica. Pero, detrás destas escenas, había confusión. Algúns equipos preparábanse para o reinicio, pero como a carreira fora detida coa bandeira a cadros, isto non podía suceder. Os resultados da carreira eran válidos, pero con só a metade de puntos outorgados. Brambilla de 37 anos, o piloto máis vello na pista, gañou o seu primeiro Gran Premio.
Esta foi a primeira das dúas únicas carreiras nas que Shadow utilizou un motor Matra en lugar do Cosworth DFV no Shadow DN7 de Jean-Pierre Jarier.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 29 | 0:57:56.69 | 8 | 4´5 |
2 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 29 | + 27.03 | 2 | 3 |
3 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 29 | + 34.85 | 15 | 2 |
4 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 29 | + 1:12.66 | 9 | 1´5 |
5 | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 29 | + 1:23.33 | 13 | 1 |
6 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 29 | + 1:30.28 | 1 | 0´5 |
7 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 29 | + 1:39.07 | 5 | |
8 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 28 | + 1 volta | 10 | |
9 | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 28 | + 1 volta | 3 | |
10 | 18 | John Watson | Surtees-Ford | 28 | + 1 volta | 18 | |
11 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 28 | + 1 volta | 7 | |
12 | 31 | Chris Amon | Ensign-Ford | 28 | + 1 volta | 23 | |
13 | 25 | Brett Lunger | Hesketh-Ford | 28 | + 1 volta | 17 | |
14 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 28 | + 1 volta | 11 | |
15 | 23 | Tony Brise | Hill-Ford | 28 | + 1 volta | 16 | |
16 | 22 | Rolf Stommelen | Hill-Ford | 27 | + 2 voltas | 25 | |
17 | 29 | Lella Lombardi | March-Ford | 26 | + 3 voltas | 21 | |
NC | 33 | Roelof Wunderink | Ensign-Ford | 25 | Non clasificado | 27 | |
Ret | 32 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 23 | Eléctrico | 26 | |
Ret | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 21 | Dirección | 12 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 17 | Motor | 6 | |
Ret | 20 | Jo Vonlanthen | Williams-Ford | 14 | Motor | 28 | |
Ret | 10 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 10 | Accidente | 4 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Matra | 10 | Inxección | 14 | |
Ret | 14 | Bob Evans | BRM | 2 | Motor | 24 | |
Ret | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 1 | Accidente | 19 | |
NTS | 28 | Mark Donohue | March-Ford | 0 | Accidente mortal | 20 | |
NTS | 6 | Brian Henton | Lotus-Ford | 0 | Accidente | 22 | |
NSC | 35 | Tony Trimmer | Maki-Ford | ||||
NSC | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1974 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1976 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jones, Bruce (1998). "Statistics". The Complete Encyclopedia of Formula One. Carlton Books. pp. 400–401. ISBN 1-85868-515-X.[1]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 1975 |