Saltar ao contido

Linguas anatólicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Área de expansión da lingua luvita.
Área de expansión da lingua lidia e localización das outras linguas anatólicas.

As linguas anatólicas son unha familia de linguas indoeuropeas extintas, faladas en Anatolia nos milenios II e I antes da nosa era.

Características

[editar | editar a fonte]

Filiación

[editar | editar a fonte]
Linguas anatólicas desde o segundo milenio a.n.e.
Linguas anatólicas do primeiro milenio a.n.e.

A filiación das linguas anatólicas é a seguinte:

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

O hitita semella exhibir unha morfoloxía máis simple de entre as máis antigas linguas indoeuropeas. Algunhas características do indoeuropeo semellan ter desaparecido en hitita, mentres que outras pólas indoeuropeas desenvolveron diferentes innovacións. O hitita ten un número de arcaísmos que noutras linguas indoeuropeas desapareceron.

Tras seren descifradas no século XX, as linguas anatolias permitiron validar certas hipóteses relativas á evolución do indoeuropeo emitidas polos lingüistas da fin do século XIX, en particular a análise estrutural proposta por Ferdinand de Saussure:

  • Todas as linguas indoeuropeas daquela coñecidas tiñan tres xéneros: o masculino, o feminino e o neutro. Os especialistas estimaban que se trataba dunha derivación dun sistema máis vello no cal funcionaba unha distinción entre o animado e o inanimado. O descubrimento do hitita-nesita confirmou esta hipótese: esta lingua conservara o vello sistema. Existe, en efecto, nas linguas anatolias o genus commune (animados) e genus neutrum (inanimados).
  • As raíces indoeuropeas estaban normalmente constituídas sobre unhas consoantes ao redor das que articulaban unha ou varias vogais alternantes, á maneira das raíces semíticas. Unha hipótese estimaba que cada raíz debía comezar por unha consoante, cousa que non ocorre, agás que supoñamos a existencia dunha consoante inicial que tería enmudecido en todas as linguas. Supoñer a súa existencia permitía poñer as bases dun sistema máis coherente. Tras o desciframento do hitita, decatáronse de que conservara esta consoante. O sistema que se supoñía víase confirmado. Por exemplo, podemos comparar o hitita haui- (cunha laringal inicial) co latín oui-s: os dous significan ‘’ovella’’;
  • De xeito parecido, as linguas indoeuropeas coñecen alternancias vocálicas moi frecuentes que, tal e como adiviñara Saussure, proveñen de feito do enmudecemento dunha laringal, que pode colorear unha vogal en contacto e facela experimentar un alongamento compensatorio. Este fenómeno, chamado teoría das laringais, testemúñase en varias ocasións grazas ao descubrimento das linguas anatolias. Cómpre resaltar que Saussure tivo a intuición destas laringais, sen chegar á conclusión de que se trataba de consoantes, e chamáraas coeficiente sonántico. Máis tarde, inspirándose en grande maneira no funcionamento das linguas semíticas, foron denominadas co nome de schwa, termo propio da gramática do hebreo. Hoxe o termo de laringal é o máis frecuente.

Así, ao conservar algúns caracteres arcaicos, as linguas anatolias desempeñan un papel importante na nosa comprensión da evolución das linguas indoeuropeas e mesmo forzan a supoñer que, xeneticamente, as linguas indoeuropeas non forman as familias que se supoñían. O seu estudo é primordial en lingüística comparada das linguas indoeuropeas e, polo tanto, en fonética histórica.

Ao carón destes caracteres arcaicos, as linguas anatolias posúen igualmente un certo número de trazos evolucionados. En particular, o número de casos da súa declinación é de cinco, mentres que o indoeuropeo, tal e como se reconstrúe tradicionalmente, tiña oito. Se ben isto pode ser explicado por unha evolución independente da lingua, algúns lingüistas ven nisto a pegada dunha diverxencia anterior ao estadio do indoeuropeo. O indoeuropeo e as linguas anatolias, no canto de estar en relación pai-fillo, sairían dunha lingua común, ás veces chamada indo-hitita. Esta opinión é minoritaria xa que non está apoiada por ningún argumento non lingüístico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • G. Steiner, The immigration of the first Indo-Europeans into Anatolia reconsidered, JIES 18 (1990), 185–214.
  • Patri, Sylvain (2007), L'alignement syntaxique dans les langues indo-européennes d'Anatolie, (StBoT 49), Otto Harrassowitz, Wiesbaden, ISBN 978-3-447-05612-0

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.