Saltar ao contido

Richard Owen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Owen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1804 Editar o valor en Wikidata
Lancaster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 1892 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Andrew's Church, Ham, London (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de museo Museo de Historia Natural de Londres
William Henry Flower → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Lancaster Royal Grammar School (mul) Traducir
Barts and The London School of Medicine and Dentistry Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e paleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónconservador, profesor universitario, anatomista, paleoantropólogo, zoólogo, biólogo, paleontólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo de Historia Natural de Londres, director de museo (1856–1883)
Hunterian Museum (en) Traducir, conservador (1849–1856)
Faculdade Real de Cirurgiões da Inglaterra (pt) Traducir, catedrático (1836–)
Hunterian Museum (en) Traducir, assistente de pesquisa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Abreviatura do autor en zooloxíaOwen Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Оуэн Ричард)
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1388111 WikiTree: Owen-5489
Richard Owen.

Sir Richard Owen, nado en Lancaster, Reino Unido o 20 de xullo de 1804 e finado en Londres o 18 de decembro de 1892, foi un biólogo, paleontólogo e anatomista comparativo inglés, coñecido, entre outras cousas, por ser o introdutor en Inglaterra da anatomía transcendental e por definir con precisión o concepto homoloxía

Traballou no Royal College of Surgeons, no Hunterian Museum e no Museo Británico, e foi membro da Royal Society

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio Lancaster Royal Grammar. En 1820 entrou como aprendiz dun cirurxián e farmacéutico e, en 1824 ingresou como estudante de medicina na Universidade de Edimburgo. Deixou a universidade ao ano seguinte e completou os cursos de medicina no Hospital de San Bartolomeu de Londres, onde estivo ás ordes do eminente cirurxián John Abernethy.

Owen amosou interese pola investigación en anatomía, e Abernethy recomendoulle que aceptara o posto de asistente de William Clift, conservador do museo do Real Colexio de Cirurxiáns. Este traballo interesouno tanto que pronto abandonou o seu interese por exercer a medicina e, a partir dese momento, dedicou a súa vida unicamente a labores científicos.

Owen preparou unha importante serie de catálogos da colección Hunter do Real Colexio de Cirurxiáns e con este traballo adquiriu excelentes coñecementos de anatomía comparada que lle foron moi útiles ao longo da súa carreira, especialmente nas súas investigacións sobre os restos de animais extinguidos.

En 1836 foi nomeado profesor do Real Colexio de Cirurxiáns e en 1849 sucedeu a Clift como conservador. Owen estaría nese posto até 1856, cando foi nomeado superintendente do departamento de Historia natural do Museo Británico. A súa reestruturación do departamento levaría o traslado das coleccións de historia natural do Museo Británico a un novo edificio en South Kensington, e á creación do Museo de Historia Natural. Owen permaneceu en activo até que completou o seu traballo en 1884, cando recibiu a distinción K.C.B. e se retirou a Sheen Lodge até a súa morte.

O final da súa carreira estivo *embafado por acusacións de non valorar o traballo doutros, e incluso de publicar como súas investigacións de terceiros. Isto culminou en 1844 cando publicou reclamando como seu un artigo sobre belemnitas que xa fora presentado por Chaning Pearce uns anos antes na Sociedade Xeolóxica, o que provocou a súa expulsión dos consellos da Sociedade Zoolóxica de Londres e da Royal Society.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Memoir on the Pearly Nautilus (1832)
  • Odontography (1840-1845)
  • "Report on the Archetype and Homologies of the Vertebrate Skeleton" (1846)
  • On the Archetype and Homologies of the Vertebrate Skeleton (1848)
  • History of British Fossil Reptiles (4 vols., 1849-1884)
  • On the Nature of Limbs (1849)
  • Archaeopteryx (1863)
  • Anatomy of Vertebrates (1866) — (Dispoñíbel en Google Books):
  • Monograph of the Fossil Mammalia of the Mesozoic Formations (1871)
  • Catalogue of the Fossil Reptilia of South Africa (1876)
  • Antiquity of Man as deduced from the Discovery of a Human Skeleton during Excavations of the Docks at Tilbury (1884)

Moitas das ideas de Owen demostráronse que son inválidas, especialmente cando se consideran desde o punto de vista da embrioloxía, que Owen ignorou sistematicamente nos seus traballos. Porén, a súa contribución foi fundamental para a anatomía comparada e algúns dos seus conceptos, como a distinción entre analoxía e homoloxía e a súa distinción entre distintos tipos de homoloxías mantéñense en vigor.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviarura Owen emprégase para indicar a Richard Owen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]