Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy
Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Raven Software Vicarious Visions (Xbox)[1] |
Distribuidora(s) | LucasArts, Activision |
Motor | Quake III: Team Arena |
Lanzamento | 17 de setembro de 2003 |
Xénero | Tirador en primeira e terceira persoa |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Windows Xbox Mac OS X |
Formato(s) | CD-ROM, distribución dixital |
Serie | Star Wars: Jedi Knight |
Na rede | |
http://www.lucasarts.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy é un xogo de acción en primeira e terceira persoa ambientado no universo de Star Wars. Foi creado por Raven Software e publicado, distribuído e comercializado por LucasArts en Norte América e por Activision no resto do mundo. Jedi Academy foi lanzado en setembro de 2003 e recibiu críticas positivas, acadando o 81% de puntuacións positivas. En setembro de 2009, o xogo game foi relanzado xunto cos seus tres predecesores a través de Steam e Direct2Drive.
Jedi Academy foi desenvolvido baixo o mesmo sistema Quake III: Team Arena empregado nos seu predecesor, Star Wars Jedi Knight II: Jedi Outcast, contendo modificacións no código Quake para incluír o combate con sabre láser. Ademais o xogador pode modificar a vestimenta e aparencia do personaxe, e pode construír un sabre láser escollendo o estilo e a cor.
O xogador toma o control do personaxe Jaden Korr, un estudante da Academia Jedi baixo a tutela de Kyle Katarn. O xogador debe completar varias misións asignadas por Kyle Katarn e Luke Skywalker. Tamén posúe o modo multixogador que permite xogar contra outras persoas a través da rede.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Star Wars: Jedi Knight -- Jedi Academy credits". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2008.