Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra
Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra | |
---|---|
Vista xeral do edificio da escola de enxeñaría forestal | |
Universidade: | Universidade de Vigo |
Localización: | Pontevedra |
Campus: | Pontevedra |
Enderezo: | Campus da Xunqueira 36005 |
Ano de fundación: | 31 de xullo de 1990 |
Decano: | Juan Picos Martín |
Docentes: | 33 |
Estudantes: | 137[1] |
Teléfono: | 986801900 |
Correo electrónico: | sdeuetf@uvigo.es |
Páxina web: | escolaenxeñaríaforestal pontevedra |
A Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra é un centro educativo da Universidade de Vigo con sede en Pontevedra, no campus da Xunqueira.
Historia
[editar | editar a fonte]A Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra foi creada en 1990 polo decreto 416/1990, do 31 de xullo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 15, coa denominación de Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos de Industrias Forestais. Polo mesmo decreto autorizouse a implantación do título de enxeñeiros técnicos en industrias forestais na escola.[2].
A implantación da escola de enxeñeiros forestais na cidade estivo moi relacionada coa tradición forestal de Pontevedra. A cidade e a comarca de Pontevedra estaban ligadas desde as primeiras décadas do século XX ao sector forestal. A Misión Biolóxica de Galicia, instalouse en Pontevedra en 1928 e o Centro Forestal de Lourizán atopábase en Lourizán desde 1943, ano no que a Deputación de Pontevedra cedera o pazo de Lourizán ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais e que posteriormente en 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes.[3][4]
O primeiro plan de estudos da escola de enxeñeiros forestais do Campus Universitario de Pontevedra foi aprobado o 16 de xullo de 1991[5] e a escola empezou a funcionar no curso académico 1991-1992.
Nos seus inicios a escola situouse provisionalmente en instalacións cedidas pola Escola de Profesorado de E.X.B (antiga escola de Maxisterio a carón do río Lérez na avenida de Bos Aires) e non se trasladou á súa sede definitiva, un edificio propio no campus, ata 1996.[3] O 14 de outubro de 1995 o edificio, deseñado polo arquitecto José Ramón Rúa Rodríguez estaba xa case terminado e foi o primeiro edificio construído no Campus da Xunqueira.[1][6]
En 1999 polo decreto 216/1999, do 15 de xullo, no seu artigo 3, a escola pasou a denominarse Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal.[7]. Posteriormente, en 2011 polo decreto 14/2011, do 3 de febreiro, a escola pasou a denominarse Escola de Enxeñaría Forestal, nome que conserva na actualidade.[8]
En 2019 o grao en enxeñaría forestal da escola converteuse na cuarta titulación universitaria galega en obter o selo internacional de calidade en enxeñería EUR-ACE.[9]
Titulacións
[editar | editar a fonte]Na escola impártese o grao en Enxeñaría Forestal.[1] As especializacións ofertadas son Industrias Forestais e Explotacións Forestais.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Os servizos administrativos do Campus Universitario de Pontevedra e o Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) do Sistema Universitario de Galicia están situados na Escola de Enxeñería Forestal. A organización Erasmus Students Network para os estudantes Erasmus tamén ten unha sede en Pontevedra situada na escola.
Equipo directivo
[editar | editar a fonte]O director da escola de enxeñeiros forestais é Juan Picos Martín e a videdirectora Mª Ángeles Cancela Carral. O secretario é José Manuel Casas Mirás.[10]
Actividades
[editar | editar a fonte]A escola organiza e acolle distintas actividades como as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. En novembro de 2019 desenvolvéronse no centro as III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade con distintas conferencias sobre temas como as mareas vermellas, a contaminación luminosa, a conservación de especies como as píntegas ou o oso ou a xestión do monte e a paisaxe.[11]
Cultura
[editar | editar a fonte]O patrón da facultade é san Leandro e a facultade celebra a súa festividade no mes de abril.[12]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fachada principal (oeste)
-
Fachada sueste
-
Detalle da fachada sur
-
Fachadas leste e norte e carril bici
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Forestais, un abanico de salidas en un sector con gran potencial". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 2012.
- ↑ "DECRETO 416/1990, de 31 de julio, por el que se crean centros y se concede autorización para implantar estudios conducentes a las titulaciones que se relacionan en el sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1990.
- ↑ 3,0 3,1 "El 'campus' provisional de Pontevedra". El País (en castelán). 13 de decembro de 1994.
- ↑ "Los Roteiros de Outono recalan en los pazos de Lourizán y Salcedo". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2017.
- ↑ "RESOLUCIÓN de 28 de febrero de 1992 de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación del plan de estudios conducente a la obtención del titulo de lngeniero Técnico en Industrias Forestales." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 22 de abril de 1992.
- ↑ "Buenas instalaciones y sinergias para paliar la falta de espacio". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de enero de 2016.
- ↑ "DECRETO 216/1999, de 15 de julio, por el que se autoriza el cambio de denominación de determinados centros del sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 1999.
- ↑ "DECRETO 14/2011, do 3 de febreiro, polo que se suprime, se crea e se modifica a denominación de centros universitarios na Universidade de Vigo.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Enxeñería Forestal, cuarto grado gallego con un sello internacional de excelencia". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de maio de 2019.
- ↑ "La Xunta de Escuela confirma a Juan Picos como director de la Escuela de Ingeniería Forestal". Pontevedra Viva (en castelán). 10 de xullo de 2017.
- ↑ "La Escuela de Ingeniería Forestal de Pontevedra acoge este sábado las III Jornadas Gallegas de Patrimonio Natural". Galicia Press (en castelán). 21 de novembro de 2019.
- ↑ "La Escuela de Ingeniería Forestal celebra San Leandro". Pontevedra Viva (en castelán). 11 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Facultade de Fisioterapia de Pontevedra
- Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
- Facultade de Comunicación de Pontevedra
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra