Praia de Praceres
Praia dos Praceres | |
---|---|
Vista da praia de Praceres | |
Características xerais | |
Localización | Pontevedra |
Lonxitude | 50 m |
Largo medio | 15 m |
Grao de ocupación | Baixo |
Grao de urbanización | Semiurbana |
Paseo marítimo | Non |
Características específicas | |
Tipo de praia | Marítima |
Tipo de area | Branca e fina |
Condicións do baño | Augas tranquilas |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
A praia de Praceres ou praia da Posta[1] é unha praia galega situada no municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. É unha praia marítima semiurbana cunha lonxitude de 50 metros.[2][3]
Localización e acceso
[editar | editar a fonte]A praia está localizada na parroquia civil de Lourizán na marxe esquerda da ría de Pontevedra, a 4 quilómetros da cidade e a menos dun quilómetro do barrio de Estribela. Atópase entre os estaleiros do porto e o cabo dos Praceres.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A finais do século XIX durante o verán a vida social de Pontevedra víase animada por turistas e veraneantes que se trasladaban ás praias dos arredores da cidade, e en especial á praia dos Praceres que foi a praia de moda no período da Restauración e que estaba unida á cidade por tranvía.[5]
A principios do século XX á dereita da praia na punta do Cabo no istmo dos Praceres inaugurouse en 1902 o Gran Hotel de Baños de Mar de Los Placeres, propiedade de Eugenio Montero Ríos que acollía a invitados e veraneantes e que en 1918 tras a súa morte, foi doado polo seu fillo Avelino Montero ás relixiosas do Sagrado Corazón e que se converteu no Colexio Sagrado Corazón de Praceres.[6][7][8][9][10]
Na primavera de 1936 os anuncios de prensa centrábanse en publicitar para o turismo hoteis, restaurantes, casas de baño e a praia dos Praceres, para a que o servizo de tranvía ofertaba bonos de 10 viaxes de ida e volta a 4,25 pesetas. Na sociedade clasista da época no verán eran famosos os baños na praia de Praceres.[11] Ata mediados de século XX a praia presentou un aspecto salvaxe.
O 19 de maio de 1947 aprobouse o proxecto de construción dunha estrada ao longo da ría de Pontevedra, entre Pontevedra e Os Praceres. As obras desta estrada, que comezaron en 1949 e finalizaron en 1955, modificaron totalmente a zona ateigándoa con recheos, o que afectou tamén á praia que quedou reducida.[12][13][14] En 1969 completouse a estrada con catro carrís de circulación e inaugurouse como autovía o 8 de agosto de 1969.[15][16]
O 28 de xuño de 2023 o Estado desafectou a praia do porto xa que era innecesaria para a actividade portuaria e incorporouse ao réxime xeral de dominio público marítimo-terrestre.[17]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha praia practicamente rectilínea e chaira situada nunha contorna semiurbana.[3] Trátase dunha praia marítima de area branca e fina con fronte á ría de Pontevedra. Ten unha orientación noroeste.
Atópase situada moi preto da autovía PO-11 e é unha praia de augas tranquilas que ten vistas á ría e á illa de Tambo. Dispón de duchas e establecemento de bebidas.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Concello pone la mirada en la playa de Ponte Sampaio: instala baños y estudia contratar socorristas". Pontevedra Viva (en castelán). 31 de maio de 2021.
- ↑ "Los vigilantes de la ría". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Playa de Placeres". El Comercio (en castelán). 1 de agosto de 2023.
- ↑ "El Puerto se reserva en la lámina de agua de la ría 9.800 hectáreas". 19 de febrero de 2014.
- ↑ Fortes Bouzán 2011, p. 434.
- ↑ "El Gran Hotel de Baños de Mar de Los Placeres". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Pontevedra en el recuerdo. Placeres aquel paraíso perdido de arena y sal". Faro (en castelán). 18 de marzo de 2021.
- ↑ "De hotel balneario a centro examinador de Oxford en un siglo". Faro (en castelán). 7 de agosto de 2018.
- ↑ "La historia de los 102 años del Colegio de Placeres en la voz de una de sus primeras alumnas". Cadena Ser (en castelán). 29 de novembro de 2021.
- ↑ "El Hotel de Los Placeres. Montero Ríos promovió su construcción a principios del siglo XX para alojar en verano a gente distinguida". Faro (en castelán). 16 de setembro de 2018.
- ↑ Fortes Bouzán 2011, p. 473.
- ↑ "Los Placeres, la playa que dilapidó Pontevedra". Faro (en castelán). 2 de setembro de 2018.
- ↑ ""Lourizán era la élite del turismo, el equivalente gallego a Santander y San Sebastián"". Pontevedra Viva (en castelán). 11 de maio de 2017.
- ↑ "Pontevedra y Marín, unidos por una vía a lo largo de la ría". ABC (en castelán). 10 de agosto de 1955.
- ↑ "A Avenida de Marín". Pontevedra Viva. 15 de marzo de 2018.
- ↑ "La autovía a Marín que tardó 20 años en llegar". Faro (en castelán). 28 de agosto de 2016.
- ↑ "La playa de Placeres ya es de dominio público después de que el Ministerio la desafectase del Puerto". Pontevedra Viva (en castelán). 28 de xuño de 2023.
- ↑ "Página en www.playas.io". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Praceres |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fortes Bouzán, Xosé (2011). Pontevedra. Burgo, villa, capital (en castelán). Brión (A Coruña): Giverny. p. 434; 473. ISBN 978-84-939449-1-9.