Saltar ao contido

Xardíns da Mestranza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaXardíns da Mestranza
Imaxe
Vista dos Xardíns da Mestranza, no fondo o reitorado da UDC.
Tipoxardín público Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaA Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°22′12″N 8°23′26″O / 43.3700837, -8.39048

Os Xardíns da Mestranza, tamén chamados Xardíns da Real Maestranza, son unha zona verde da cidade da Coruña. Situados entre o Paseo Marítimo e a Cidade Vella, ocupan un total de 1,96 hectáreas. Canda diferentes monumentos, coma esculturas, antigos canóns de artillaría e tramos da muralla, nos xardíns localízase a sede do reitorado da Universidade da Coruña.

Vista dun tramo da muralla e do paraninfo da UDC.

O espazo que ocupan os Xardíns da Mestranza foron de uso militar dende mediados do século XVIII a fins do XX. O rei Fernando VI de España mandou construír a Real Mestranza da Coruña para o obradoiro e almacén de artillaría. As obras do edificio foron comezadas polo enxeñeiro Francisco Llobet en 1752, mais as protestas dos conventos limítrofes (Santa Bárbara, San Domingos e San Francisco) levaron a súa paralización.[1] En 1771, Baltasar Ricaud reformou o edificio orixinal, de planta rectangular para dar lugar ao actual, cunha planta hexagonal irregular cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares.[2][3] Nas súas inmediacións instaláronse baterías de artillaría coa finalidade de protexer a ría do Burgo e o porto da Coruña.

Canón de artillaría nos Xardíns da Mestranza

A finais do século XX, no marco da modernización das forzas armadas de España, a Mestranza da Coruña perdeu a súa finalidade militar e foi desmantelado o cuartel. No 1984, o Concello da Coruña fíxose coa titularidade do espazo e urbanizou esta zona para a creación destes xardíns, o antigo edificio da Real Mestranza quedou restaurado en 1994 para acoller o reitorado da Universidade da Coruña.[1][4]

Os Xardíns da Mestranza foron abertos ao público o día das Letras Galegas de 1993. A principios do século XXI os xardíns foron agrandados ao rematar a restauración do antigo cuartel de Macanaz como sede da Fundación Luis Seoane.[5]

Monumentos

[editar | editar a fonte]
Monumento a Javier Fonte

Ademais de varios tramos da muralla, da escavación da igrexa de San Francisco e do pozo do século XIV do convento dos franciscanos, existen outros monumentos nos Xardíns da Mestranza:

Botánica

[editar | editar a fonte]

As especies arbóreas máis destacadas dos Xardíns da Mestranza son: [6]

  1. 1,0 1,1 "Calle Maestranza: pasado militar y presente universitario - Pateando A Coruña". www.cope.es. Consultado o 2023-12-27. 
  2. "Sede". www.udc.es. Consultado o 2023-12-27. 
  3. "La antigua Maestranza de Artillería". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-10-27. Consultado o 2023-12-27. 
  4. "HEMEROTECA Manuel Fraga inauguraba el Rectorado en el cuartel de A Maestranza". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-10-05. Consultado o 2023-12-27. 
  5. "La remodelación de Macanaz costará cerca de mil millones". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-07-06. Consultado o 2023-12-27. 
  6. "Xardíns da Maestranza". Coruña Sostible. Consultado o 2023-12-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]